Un traballo artístico cun marcado carácter antropolóxico no que a artista salienta o papel clave da muller na actividade mariñeira. Así foi a imaxe gañadora do III Concurso de Proxectos de Creación Fotográfica: O Mar, feita por Mar Cuervo.
Organizado polo Museo do Mar de Galicia e o Centro de Estudos Fotográficos, o certame ofrece unha bolsa de 3.000 euros cos que ofrecer aos novos autores a posibilidade de elaborar un proxecto propio relacionado co mar galego. O proxecto fotográfico, chamado ‘Sirenas’, levou o premio por unanimidade.
A intención de Cuervo é render unha homenaxe tanto as mulleres que traballan directamente no mar como ás que serven de piar moral para os homes que desenvolven esta actividade, dándolles visibilidade a través de distintos retratos de corte renacentista.
Os traballos exporanse en forma de díptico acompañados dunha escea mariñeira coa que a autora pretende desmitificar e desligar a imaxe da muller vencellada a unha serea que leva a naufragar aos mariñeiros.