Máis de 200 persoas percorreron a semana pasada os lugares máis emblemáticos da cidade debullando os segredos da historia da cidade. Por iso hoxe, co sol raiando no ceo, nada mellor que estrear a fin de semana participando na segundo percorrido de ‘Vigo: a ruta da historia’, que sairá dende O Castro ás 11 horas.
Esta ruta permite visitar elementos sobranceiros do patrimonio vigués, como o poboado castrexo de O Castro, no que se pode comprobar os traballos de recuperación levados a cabo, así como o pazo de Arias Taboada, no que se atopa a Pinacoteca da cidade. O percorrido tamén inclúe o Banco dos Contos, no que quedaron ao descuberto o lugar no que os comerciantes facían as contas das vendas no mercado do Paseo de Granada.
Tamén se visitarán os pazos nos que grandes familias da cidade, como a de López Araúxo ou Bárcena, tiñas as súas vivendas, así como o edificio Montenegro, no que estaba ubicada a imprenta Compañel, na que en o 17 de maio de 1963 se publicou ‘Cantares gallegos’, de Rosalía de Castro. A praza de Almeida, con dúas construcións significativas dos séculos XV e XVI, o edificio do antigo Concello, hoxe Casa Galega da Cultura, son outros dos elementos históricos que configuran o percorrido.