Foron 20 anos de leas para conseguir que a Casa do Patín de Bouzas volte ao Concello. Agora, unha vez conseguido, rehabilitarase para destinarse a biblioteca e integrala na Rede de Bibliotecas Municipais de Proximidade, xunto á de Martínez Garrido, recentemente estreada, ou a que se abrirá en Navia.
Adquirir o edificio custou 440.000 euros cargados a unha partida de 320.000 euros dos orzamentos de 2010, mentres que o resto levarase a aprobación no pleno deste mes. En total 500 metros cadrados recuperados tras a segregación hereditaria que dividiu a propiedade en catro pequenas parcelas. E as obras de reforma estarán listas a finais de ano.