Propón un método alternativo: unha sinxela análise de sangue, que ademais proporciona unha maior especificidade nos resultados obtidos. Un grupo de investigadores da Universidade de Vigo e do Complexo Hospitalario de Pontevedra avalían unha alternativa á proba de Mantoux, en vigor dende hai 100 ano, que require unha inxección intradérmica e ao menos dúas visitas médicas para avaliar o grao de induración. Un descubrimento moi importante en Galicia, a comunidade autónoma con maior prevalencia de tuberculose non relacionada co SIDA.
Outro dos aspectos destacados é que se aumenta a privacidade, xa que a proba de Mantoux a zona da pen onde se puxo a inxección, normalmente o brazo, ponse vermella e endurécese. O estudo está coordinado pola catedrática viguesa África González, que traballou cóbado con cóbado con Carlos Villaverde e con Luis Anibarro, especialista en Medicina Interna do CHOP.
O problema, o custe
Publicado en revistas como a ‘European respiratory Journal’, o estudo demostra por primeira vez que é necesario esperar un período de tempo tras o contacto coa persoa infectada para que a proba resulte positiva, “o que se denomina período ventá”, e que ese espazo temporal pode ser incluso máis curto ca o necesario para a positivización da proba da tuberculina. Pero o maior custe da proba e a súa novidade ralentiza a súa implantación hospitalaria.