
Instalacións novas, vida nova. Así que o Mercado do Progreso festexa o paso a súa nova vida por todo o alto: unha semana de sorpresas e agasallos para todos os vigueses cun ambiente de festa e ilusión para despedirse das vellas instalacións. Durante toda esta semana unha programación chea de actividades culminadas por unha festa de despedida o 23 de abril ás 20 horas na que se poderá gozar de música, petiscos e sorteos.
Durante toda esta semana repartiranse bolsas de balde para agasallar aos clientes, rifas para participar no sorteo que se celebrará o día da festa e da inauguración do mercado provisional, o vindeiro 5 de maio, e vales de 4 euros de descontos en compras superuires a 8 euros para empregar o día da inauguración das instalaciones provisionais.