Non houbo sorte para a selección galega de taekwondo que acudiu ao campionato de España de Técnica que se celebraba en Córdona cun grupo moi renovado que, aínda que acudía con moita ilusión, non tiña nada asegurado. A selección galega tivo que conformarse cunha medalla: o bronde do trío masculino 2, do Kiap de Vigo, composto por Óscar Rey, Antonio Rebouras y José Teófilo.
Máis de 15 horas de competición no Palacio Municipal dos deportes Vista Alegre cordobés nun campionato no que se deron cita arredor de 600 competidores. A expedición galega voltou a casa sen recompensa en forma de medallas, pero cunha nova experiencia para aprender cara ao futuro.