Comarcas Galicia

Multan ao AVE con 13.500 euros por verquidos en Redondela

Un informe de Augas de Galicia recoñece verquidos continuos en tres puntos aos ríos Maceiras e Alvedora, no termo municipal de Redondela. O motivo: a «falta de dilixencia das empresas que están a levar a cabo a construcción do tren de alta velocidade«, polo que se lle impuxeron multas valoradas en 13.500 euros.

Neste informe, remitido a Amigos da Terra tras unha denuncia alertando a Augas de Galicia, recoñecen que existen 3 puntos de verquido procedentes das empresas responsables das obras da chegada do AVE e está a tomar mostras dende o 26 de febreiro xa que un dos puntos presenta indicios de contaminación e outros dous cumpren cos límites fixados no expediente. Ademais, as empresas implantaron melloras no sistema de depuración, incrementando as medidas relativas á filtración e retención de sólidos das augas residuais ao dominio público.

Dende febreiro

O pasado 24 de febreiro detectouse no río Maceiras, confluínte co río Alvedosa, unha vertedura de cor gris dende primeira hora da mañá e no tramo do río que discorre polo centro urbano. Amigos da Terra tramitou a correspondente denuncia alertando a Augas de Galicia desta situación xa que, pese a que o persoal do concello verificou a existencia da vertedura e a procedencia da mesma, cabía a posibilidade de que dita responsabilidade ambiental por vertedura «quedara impune se non actuaban os organismos competentes».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.