Máis que nada porque calquera acto electoral ata o vindeiro 22 de maio terá que realizarse ao aire libre, xa que o concello só puxo a disposición dos partidos políticos zonas a ceo aberto e de acceso continuado e libre para calquera persoa, ningún local cuberto nin un espazo localizado no casco urbano. É o que denuncia o BNG da localidade, que presentou unha reclamación diante da xunta electoral para conseguir locais útis para a celebración de actos electorais.
Trala queixa, o Concello ofertou tan só un local “ubicado nunha das parroquias do concello limitando o seu uso de luns a venres”, unha oferta que consideran insuficiente. A pesar de todos estos “atrancos”, os nacionalistas presentarán o 8 de maio públicamente as súas propostas para a candidatura de Paradanta.
Os nacionalistas cren que se trata dun atranco en toda regra, sobre todo despois de que o Partido Popular, que goberna en maioría en A Cañiza, empregase durante a precampaña un local propiedade municipal no centro da vila para presentar a súa candidatura, a Casa da Cultura. “É unha desviación democrática, propia do estilo do PP máis rancio, quen confunde a representación democrática outorgada polos veciños coa ocupación e patrimonialización para o uso particular e partidario do Concello e as súas propiedades“, asegurou María Shantal Rodríguez, candidata do BNG á alcaldía da Cañiza.