Algo que parece impensable tendo en conta que en Vigo hai 300.000 habitantes e en Mondariz tan só 5.300. Mentres que os pontevedreses non pagan nada e os vigueses tan só 16 euros, as taxas por darse de alta no subministro de auga e saneamento en Mondariz supera os 300 euros.
O custe de darse de alta na rede municipal de subministro de auga é de 149,48 euros, mentres que o de ter saneamento é de 150,51 euros, unhas taxas fixadas polas ordenanzas fiscais que “superan de forma exponencial as que están en vigor na capital da provincia ou na cidade máis poboada de Galicia”, aseguran dende o BNG. Todo polo acto administrativo de introducir os datos de alta. “Estas tarifas son realmente escandalosas porque os contribuíntes non pagan a realización de ningunha obra ou instalación, nin sequera contador“, recorda Xoán Carlos Montes, portavoz dos nacionalistas.