Galicia

Varios feridos ao ceder unhas barandas no porto de Camariñas

Xa hai unha investigación en marcha para aclarar qué pasou o pasado mércores, cando varias persoas resultaron feridas ao ceder unha das barandas do porto de Camariñas e cairon ao mar, preto da zona do espigón. A baranda xa presentaba unha abolladura debido ao posible impacto dunha embarcación e trala rotura a baranda foi colocada de novo, en lugar de ser retirada para a súa reparación e de sinalizar a zona.

Dende Portos de Galicia descartan a rotura do material da baranda polo uso habitual das persoas, aínda que recalcan que certas prácticas irregulares con estos soportes de protección poden ocasionar danos de importancia.

Te podría interesar