Máis dun 23% sinistros laborais menos. Marzo rematou con 2.795 accidentes no posto de traballo con baixa en xornada laboral, fronte aos 3.642 ocorridos no mesmo mes do ano anterior, o 98,4% deles leves. Sen embargo, houbo que lamentar 37 sinistros graves e 5 con víctimas mortais.
O descenso foi xeralizado en todos os sectores. Os datos máis positivos proceden da pesca, cunha baixada do 34,23%; seguida da construción, cun descenso do 28,11%; dos servizos, cun 22,22%; da industria, cunha diminución de sinistros do 20,95% e da agricultura cun descenso do 13,33%.
Mentres, por provincias, encabeza a redución do número de sinistros laborais Pontevedra cunha porcentaxe do 33,99%, seguida de A Coruña cunha diminución do 21,54% e Ourense cun 8,07% de descenso. Soamente Lugo presenta un lixeiro incremento do 1,66%.