Galiza Nova ven de facer un chamamento á xuventude galega para que este xoves se concentre con maletas diante das oficinas do Servizo Galego de Emprego (en Vigo ás 12:15 h na Oficina de Emprego de Vigo-Coia. Rúa Baiona, n.º 28) para denunciar a “falla de futuro laboral en Galicia que obriga a emigrar”. A tasa de paro xuvenil chegou ao 41% e hai un 40% de contratación temporal entre os ocupados de 2ntre 15 e 24 anos, polo cal esta organización esixe aos gobernos central e autonómico “un troco nas políticas de emprego”.
Os xóvenes nacionalistas denuncian que dos 250.000 galegos que están no paro, 55.000 son menores de 30 anos e deles, máis da metade ten unha titulación superior, a eles hai que sumar aqueles con contratos temporais, becarios, falsos autónomos e aqueles que teñen un contrato a tempo parcial , o que suma 70.000 personas, máis dun 40% dos que están en idade de traballar.
A concentración que farase baixo o lema ‘Estamos fartos, queremos emprego! Amosará que hai alternativas ás políticas que nos chevaron a esta situación e que pasa porque a xuventude galega se responsabilice e actúe coma fixeron os portugueses.
Galiza Nova invita a acudir con maletas para amosar o rexeitamento ás políticas que fan que Galicia non teña futuro, “nos queremos traballar, non emigrar, a maleta que a colla Feijóo se non sabe gobernar e crear emprego”, declararon os seus responsables.