Vigo al minuto

Empregados de Novacaixa non queren pagar a escote a crise

Non queren nóminas de luxo, “como os directivos que decidiron a privatización”, pero tampouco “pagar a escote” a mala xestión, a deficitaria supervisión e control. Uns 30 delegados da CIG concentraronse hoxe diante das portas da central de Novacaixagalicia en Vigo, en García Barbón, para pedir o mantemento de todos os postos de traballo e das condicións laborais na entidade frente á baixada salarial ou á redución de 900 empregos en distintas oficinas plantexadas despois de aplicar o ERE tras a fusión de Caixanova e Caixa Galicia.

Segundo os traballadores despois do recorte de persoal feito tras a unión das dúas entidades, agora NCG ameaza con 1.230 novos despidos, máis do 70% deles en Galicia, todo para “recortar gastos para transformala nun banco, xogando co pan de 6.500 familias”, algo que non ven lóxico despois das indemnizacións millonarias coas que marcharon algúns dos altos directivos.

También te puede interesar