¡Que se curren tu voto! Vigo al minuto

O BNG empeza a campaña anunciando que é o seu momento

“En Galiza, hai alternativa. En Vigo, hai futuro”. Baixo este lema deu comezo a campaña do BNG na cidade, coa tradicional pegada de cartaces na Porta do Sol. Santi Domínguez, candidato á Alcaldía, comprometeuse coa posta en marcha “dun novo liderado para Vigo, sempre desde o consenso e a negociación, e nunca dende a confrontación”.

“O BNG representa a alternativa e o futuro para Vigo”, asegurou en declaracións aos medios de comunicación presentes, “a alternativa e o futuro fronte ao modelo esgotado do goberno central do PSOE e do goberno galego do Partido Popular”. Nese sentido, criticou as políticas económicas de dereitas que provocaron a actual crise.

Capacidade de xestión e modelo de cidade

“Durante catro anos, como socio minoritario de goberno, demostramos ter sobrada capacidade de xestión en accións como a recuperación do Casco Vello, ou a aposta polas políticas de benestar e igualdade; ou polas políticas deportivas e culturais pensadas na maioría social”, afirmou Domínguez.

Agora, é o momento en que o BNG debe recuperar a alcaldía e liderar os próximos catro anos, porque temos unha xestión que nos avala, pero tamén un programa para enfrontarnos á crise e para seguir desenvolvendo un modelo de cidade para a xente, unha cidade líder metropolitana, motor de valores, nun país orgulloso de si e sobre todo, unha cidade en permanente transformación contra as desigualdades”, explicou.

 

 

También te puede interesar