Nun ateigado auditorio municipal, o Partido Popular presentou este domingo a candidatura á Alcaldía de As Neves nun acto ao que asistiu o coneclleiro de Educación, Jesús Vázquez. A mesma, encabezada polo actual alcalde, Raúl Emilio Castro, empeza a campaña coa intención de revalidar a maioría absoluta, “que nos permita seguir trabajando polos cidadáns”, toma subliñou a número dous da lista. Marí Carmen Gil salientou a os logros do actual equipo de goberno que, entre outros abanguen novas garderías e escolas, a calificación do 98% dos veciños que solicitaron acollerse á Lei de Dependencia, ou os programas xantar na casa, “os de teledependencia, axuda a domicilio” e anunciou coma parte do programa unha nova escola ou a instalación de Internet gratuito nos centros sociais e veciñas des 13 parroquias do concello.
Pola súa banda, a secretaria xeral do PP de Pontevedra pediu o voto para unha política de xestión “capaz de tomar las riendas en tiempos de crisis”. Begoña Estévez, asegurou que a o Partido Popular está “centrado en las personas, en la creación de empleo, en mejorar la calidad de vida de las personas”.
O concelleiro arremeteu contra os socialistas, dende o presidente do Goberno ate o líder do PSdG e ate asegurou que os que aplauden a ETA estarán nas candidaturas “pola ambigüedade deste Goberno”. Jesús Vázquez acusou ao PSOE de ser o responsable do paro, de non apoiar a Galicia e “non importarlle os vosos problemas” ao tempo que retou a Zapatero “o peor presidente da historia, o presidente do paro”, que repita o que dixo “hai tres anos cando estivo aquí: votar a Touriño é votarme a min”. Vázquez engadiu “os socialistas creen que deben ser os cidadáns os que axuden ao goberno, nos cremos o contrario: son os gobernos queñen teñen que axudarvos a vos”.
Pola súa banda o candidato á reelección, sinalou que “traballamos polos vecilos porque a politica, devaluada, non se trata de marketing, senon de estar preto dos veciños”, e sinalou coma logros dos seus gobernos o pensar no presente “e nas necesidades do Concello, encontra do que fixo a oposición de PSOE e BNG que vendeu fume”.
Raúl Emilio Castro detallou os orzamentos e investimentos no pavillón municipal, reforma da casa de correos, pavimentación de camiños de todas as parroquias, senamento, mellora do centro de día, humanizacións, entre elas a da Praza Maior, a restauración do colexio público, abastecemento, mellora do campo de fútbol ou as depuradoras en todo o territorio. “E non presumimos de nada, senon que o fixemos porque era a nosa obriga”.
Castro fixo subir aos escenario a todos os membros da súa candidatura “procedentes das 13 parroquias do concello, porque queremos ocuparnos da mellora da calidade de vida dos veciños de todas elas”.