Máis de 2.500 alumnos de primaria e secundaria e 500 de educación infantil percorreron hoxe as rúas de Vigo cun obxectivo claro: xogar na defensa do galego. O Correlingua reuníu a máis de 3.000 cativos que saíron da Praza do Rei para iniciar un percorrido que os levou ata a praza de América e o parque de Castrelos para gozar baixo o lema deste ano, ‘En galego sempre somos’.
A idea, facer normal unha lingua e que o galego gañe presenza nas situacións da vida cotiá, tanto cando se vai facer unha trasacción ao banco coma no cine ou nos videoxogos. Xa en Castrelos, obradoiros e concursos, sempre coa idea de continuar co traballo de pais e avós e defender unha lingua con séculos de historia.