É a segunda vítima de hoxe nas estradas de Galicia
Leer másMáxima eficiencia de todos os recursos para poñelos ao servizo dos cidadáns. Esa será a base do programa de Benestar Social do Partido Popular de Redondela, que apostan pola ampliación do número de prazas nas garderías, a asistencia a domicilio, a formación e xeración de emprego nesta materia e á creación dun punto de información ao inmigrante entre outras iniciativas. Javier Bas, candidato popular á Alcaldía de Redondela avogou pola asistencia ao domicilio das persoas dependentes para o cal “promoveremos tamén o emprego a través da formación encamiñada a este fin, porque o benestar social é tamén unha fonte de emprego, un nicho de mercado que está por explotar e con moitas perspectivas de futuro”.
“Conseguiremos que Redondela ocupe o posto que se merece no mapa dos Servizos Sociais de Galicia”, aseguraba Bas. O número de prazas de garderías será ampliado, un dato corroborado pola conselleira que explicou que a día de hoxe hai en toda Galicia unhas 2.000 prazas e que ao finalizar este 2011 haberá 1.000 máis, polo que “de seguro Redondela será beneficiaria deste aumento acollendo posiblemente unha nova escola infantil”.
Outra das propostas dos populares redondeláns é a creación dun punto municipal de información ao inmigrante e a de comedores escolares, estudando tamén a necesidade dun comedor social. Así mesmo, atenderan “as necesidades específicas das familias con nenos que requiran educación especial, impulsaremos medidas de axuda á natalidade no noso concello, programaremos campañas de colaboración con asociacións e institucións dedicadas ao coidado de persoas con necesidades especiais, eliminaremos progresivamente as barreiras arquitectónicas en edificios públicos, incentivando a súa supresión en propiedades particulares, elaboraremos unha guía de mobilidade, revitalizaremos o asociacionismo dos nosos maiores e a súa colaboración na vida municipal e poremos en funcionamento o centro de día de Cesantes, co compromiso de que poida estar en servizo no 2013”.