O Concello acaba de por á disposición do Ministerio do Interior do Goberno de España os efectivos e medios necesarios para axudar nas labouras de emerxencia en Lorca.
Ante as graves consecuencias do terremoto que asolou onte o municipio murciano, Vigo ven de ofrecer ao Goberno, que está cordinando os traballos de emerxencia, toda a axuda que poida dar a cidade: axentes da Policía Local e efectivos do corpo municipal de Bombeiros.
Este ofrecemento chega logo dunha xuntanza da Corporación na Praza do Rei na que mantivo un minuto de silencio en lembranza das 9 víctimas mortais causadas polos terremotos que azotaron este mércores a localidade murciana. Os representantes de todos os partidos con representación no Pleno expresaron o seu pesar e o dos vigueses nunha homenaxe que desenrolouse baixo as bandeiras do consistorio a media asta.