En total de 32 taekwondistas, 13 de eles medallistas do ano pasado, participarán esta fin de semana no Campionato de España Universitario, que se celebrará no Complexo Deportivo Dehesa de Navalcarbón, en Madrid. Cada Universidade pode presentar un máximo de 16 deportistas (un por peso e por categoría) e haberá clasificacións tanto individuais coma de Universidades. Para dita competición utilizaranse petos Daedo e tamén haberá vídeo-replay, para poder revisar as decisións arbitrais nas que existan dudas.
O pasado ano, as e os deportistas galegos rendiron a un altísimo nivel acadando un total de 15 medallas. A Universidade de Vigo ocupou a segunda posición por equipos, mentres que a UNED foi primera grazas ás actuacións dos galegos Fani Hernández (ouro), José Fernández (prata) e Juan Fernández (ouro), que este ano tamén acuden ao campionato, con ganas de subir ao podio.
Ademais destas tres medallas, houbo un ouro máis (Nazareth Tilve); oito pratas (Ileana Rodríguez, Miriam Docampo, Rebeca Mariño, David Vidal, Fernando Rascado, José Ramón Louzao, Rubén Taboada) e tres bronces (Lara Ouviña, Bruno García e Cristina Baena).