Dous anos despois da misteriosa desaparición do voo Río de Janeiro-París tras estrelarse en medio de augas do Atlántico por fin comezan a saberse as causas do accidente. A análise das caixas negras do aparato apunta a un erro dos pilotos como causa do accidente no que morreron 228 persoas, segundo publica hoxe o xornal francés Le Figaro, aínda que quedaría por ver se era un erro humano ou tamén das consignas de seguridade de Air France, imputada por homicidio involuntario.
No informe inicial, publicado en decembro de 2009, falábase dun fallo nas sondas de medición de velocidade como causante do sinistro, probablemente bloqueadas polo xeo ou pola tormenta eléctrica que os pilotos atoparon polo camiño. Agora as caixas negras atopadas a 4.000 metros de profundidade axudarán a desvelar todos os datos do accidente.