Era o principal sospeitoso da morte de Gloria García, de 19 anos, que morreu desangrada tras ser brutalmente apuñalada na casa diante do seu irmá de 2 anos. Hoxe, a Garda Civil atopou o corpo do mozo, de 30 anos de idade, dentro dun coche nunha pista forestal do municipio coruñés de Padrón, con evidentes signos de terse suicidado hai xa uns días.