A visita de Isabel II a Irlanda non é do gusto de todos. Os artificieron desactivaron de madrugada un explosivo instalado nun autobús na localidade irlandesa de Maynooth, o que fixo aumentar as medidas de seguridade ante a chegada da raíña de Inglaterra hoxe a Dublín. Unha chamada anónima foi a que alertou da presenza da bomba, que estaba agochada nunha maleta e disposta para estourar. Un suposto segunto artefacto apareceu na parada dun tranvía en Dublin.
As autoridades cren que estos dous explosivos levan a sinatura dos disidentes do IRA que non están de acordo co proceso de paz no Ulster, que xa ameazaron con actuar aproveitando a visita de Isabel II.