RUTH VILLAR/ Hoxe tocaba falar de cultura nos arredores do Museo Quiñones de León e ata alí desprazouse a candidata do PPdeG á Alcaldía, Corina Porro, con todo o seu equipo. Cargada con libros para regalar do homenaxeado neste Día das Letras Galega, Lois Pereiro, a aspirante a gobernar os próximos catro anos comprometeuse a que “as comunicacións institucionais do Concello cos cidadáns serán bilingües“.
Porro, que ofreceu todo o seu discurso electoral en galego e fíxoo porque “así” desexábao, reclamou para Vigo a “cooficialidade do galego e do castelán” e asegurou que se é a próxima rexedora “antes de que remate 2011, o Goberno do PP porá as cousas no seu sitio”.
Modificará, pois, a normativa das comunicacións do Concello para que “ambas as linguas teñas as mesmas oportunidades”.
Dixo que elixira o marco do Museo Quiñones de León para transmitir unha mensaxe clara á cidadanía de facer “deste museo” o eixo principal da “reordenación” museística.
Por último, ofreceu tamén unha “boa xestión” das arcas municipais os próximos catro anos, fronte á “tea de araña” en que se atopan na actualidade, rematou Porro.