O ata hai uns días director xerente do Fondo Monetario Internacional, Dominique Strauss-Kahn, dimitiu hoxe do cargo que ostentaba para poder dedicarse en corpo e alma a preparar a súa defensa legal trala denuncia por violación dunha camareira de piso dun hotel no que se aloxaba en Nova York.
Os avogados de DSK terán que empregarse a fondo para lidiar cos 7 cargos que se lle imputan e dos que declarou ser inocente. O vindeiro paso será tentar conseguir en 24 horas que Strauss-Kahn cambie o cárcere por o arresto domiciliario a cambio dunha fianza dun millón de dólares.