
Acondicionar os viais municipais para que os accesos aos núcleos de poboación de todas as parroquias de As Neves se atopen en condicións óptimas. Esa é a finalidade da obra de acceso aos núcleos de Rodeiro e Extrema, en San Xosé de Ribarteme que vai levar a cabo o Concello de As Neves a través do Plan Provincial de Cooperación. A inversión, preto de 57.000 euros, servirá para mellorar a seguridade vial dos camiños, respetando o entorno natural no que se atopan.
As obras consistirán no acondicionamento e a pavimentación dos camiños municipais de acceso aos núcleos desta parroquia e que incluirán, entre outras tarefa, a limpeza de cunetas e taludes do camiño, botarlle unha capa de rodadura de aglomerado asfáltico e facer pequenas obras de fábrica e os drenaxes necesarios para a súa conservación.