Galicia

Emilio Castro revalida en As Neves a pesar do pulo do BNG

Emilio Castro gobernará outros catro anos máis As Neves.
Emilio Castro gobernará outros catro anos máis As Neves.

As Neves seguirá tendo un alcalde do Partido Popular. Raúl Emilio Castro revalidará o seu cargo como alcalde da localidade por cuarta lexislatura consecutiva tras acadar seis concelleiros nas últimas eleccións municipais, onde a participación foi de case o 74%. Con algo máis do 51% dos votos, o Partido Popular gobernaría outros catro anos a pesar do importante pulo conseguido polo Bloque Nacionalista Galego, que nesta ocasión fíxose con catro concelleiros co 33% dos votos.

Os grandes damnificados son o PSOE de Manuel Eduardo Mariño, que apenas conseguíu un concelleiro e o 14% dos votos, e Esquerda Unida que, con Carlos Álvarez, era a primeira vez que se presentaba na historia da democracia neste concello e que non conseguíu ningún concelleiro.

También te puede interesar