¡Que se curren tu voto! Vigo al minuto

O alcalde amosa en Nau 2011 que ten maioría ‘surficiente’ para gobernar

Antes de percorrer o salón náutico amosou o seu recoñecemento aos organizadores do evento por levar adiante a feira pese ao contexto económico actual.A unión fai a forza”, sinalou Caballero, quen incidiu tamén en que da crise se sae co empuxe e o bo facer, “e iso está presente na feira“, lembrou.

O rexidor felicitou a organización e trasladou o agradecemento a patrocinadores, expositores e a todas as persoas que fan que o evento funcione. Así asegurou que o turismo náutico ten unha “enorme capacidade de xeración de emprego e valor engadido” ao tempo que encomiou a imaxinación pola incorporación de Galigolf. O rexedor expresou a súa vontade de seguir cooperando coa organización nos vindeiros anos.

Nau 2011 desenvolverase no Ifevi desde hoxe e ata o vindeiro domingo, 29 de maio, pero de forma paralela os organizadores, Marina de Exposiciones, celebran de forma simultánea Galigolf 2011, o primeiro salón do golf de Galicia. NAU 2011 ocupa un espacio de 13.000 metros cadrados no recinto feiral de Cotogrande e unha liña de atraque de 300 metros nos pantaláns de Marina Davila, no porto deportivo de Bouzas, onde se celebrará unha exposición “a flote”

 

También te puede interesar