Comarcas

Denunciado un pai por dirixir unha manifestación dende o seu coche

Unha das sancións impostas.
Unha das sancións impostas.

A asociación de nais e pais A Pena do Equilibrio de Ponteareas aínda non termina de asimilar os papeis que hai uns días lle chegaron a casa a un dos pais que forma parte da executiva: tres sancións de tráfico que suman un total de 600 euros e 7 puntos retirados do carnet por participar nunha manifestación convocada o pasado 21 de xaneiro e na que se lle atribúe o papel de dirixir á xente co seu vehículo animando coa megafonía.

A manifestación produciuse para denunciar a masificación dos centros educativos ponteareáns e reivindicar a necesidade de construír un novo centro de educación infantil e primaria. “É un grave atentado contra a liberdade de expresión, dando un salto cara o pasado, usando estas armas de represión para amedrentar e desmobilizar á sociedade a pesar de ser unha mobilización comunicada legalmente en tempo e forma, asegurou David Soto, presidente da Anpa.

A asociación plantéxase agora seguir xestionando de balde o comedor escolar.

También te puede interesar