Máis de 200 xogadores déronse cita esta fin de semana no polideportivo de Navia para demostrar que nunha tempada poden aprenderse moitas cousas. As Escolas Deportivas Municipais de Baloncesto e das Ligas Internas de Colexios organizadas polo Club Baloncesto Seis do Nadal-Coia deron por pechado o curso 2010/11 con partidos amigables entre os combinados.
Adestramentos semanais e xornadas ligueras que deron un total de 230 encontros que se pechou con agasallos para todos os rapaces que se despiden ata a vindeira tempada.