Galicia ven de reclamar por carta ao Goberno Central unha intervención urxente para evitar que Bruxelas anule ou modifique os beneficios fiscais actualmente en vigor asociados á construción de novos buques para defender os intereses dos estaleiros galegos e dos seus traballadores, máis de 15.000 empregados altamente cualificados.
A Xunta considera que se non se chega a unha solución porase en perigo unha industria estratéxica para a economía de Galicia, polo que é preciso por en marcha un plan integral de apoio con medidas políticas concretas e transversais, como os pioneiros Selo Naval e a Credencial Naval, un certificado homologado de calidade e de garantía do traballo feito neste eido en Galicia, e acadar un título habilitante que acreditará a competencia dos traballadores galegos do sector.