Deportes

Máis de 1.400 nenos levan o fútbol esta fin de semana a Soutomaior

A Copa do Futuro Deputación de Pontevedra chega á súa gran final en Soutomaior, en Arcade. Nesta quinta edición participaron un total de 96 equipos e máis de 1400 rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 6 e os 8 anos. Ao igual que nas edicións anteriores, o campionato recorreu diferentes sedes locais da provincia, tales como Vigo, Ponteareas, Tui, Cangas, Ribadumia-Vilanova e Pontevedra coa finalidade de atopar o mellor equipo prebenxamín da provincia de Pontevedra.

Despois de case tres meses de competición e diversión, en Arcade o sistema que se levará a cabo será moi similar ao empregado nas diferentes sedes locais. Para a ocasión, a organización do evento habilitará dúas canchas de fútbol 7 no campo municipal de O Salgueirón, e deste xeito, os 20 equipos participantes quedarán divididos en catro grupos; o grupo amarelo e o verde desputarán a liguilla de clasificación no campo 1; mentras que o grupo azul e o grupo vermello farán o propio no campo 2.

A xornada do sábado, que deu comezo ás 10.00 horas da mañá, estará dedicada á liguilla de grupos. Os cinco compoñentes de cada grupo enfrontaranse entre sí, e unha vez finalizados os 40 encontros da xornada, só os dous mellores clasificados de cada grupo poderán pasar á seguinte fase para desputar os cuartos de final, mentras que os terceiros de cada grupo enfrontaranse entre si para xogarse os postos que van dende o noveno ata o decimosegundo posto da taboa clasificatoria final.

Pola súa parte, na xornada do domingo xogarase a fase final entre os oito equipos clasificados para a ocasión. Deste xeito, os dous mellores de cada grupo desputarán os cuartos de final, polo que os equipos vencedores dos catro encontros pasarán directamente a semifinais. Para concluir a competición, o campo 1 acollerá novamente a loita polo terceiro e o cuarto posto ás 13.00 horas e a final ás 13.30 horas do mediodía.

También te puede interesar