Tanto se queres comprar como se queres vender, este novo servizo que porá en marcha a Xunta serache de moita utilidade: dará ao cidadán de forma segura e gratuíta información obxectiva, sinxela e precisa sobre o valor de mercado dos inmobles da comunidade autónoma. En breve publicarase un borrador de orde para recoller as alegacións antes da súa aprobación.
Este novo servizo pode ser moi útil en situacións de desacordo ou incerteza, favorecendo que se pechen transaccións ao proporcionar información obxectiva para a fixación do prezo. Este sistema fixarase a partir de estudos técnicos detallados e evitará discriminacións entre entidades locais, posto que asegura un tratamento administrativo homoxéneo.