A calor non foi quen de facer mella na participación do Torneo Cidade de Ourense, que se celebrou durante a fin de semana con máis de 800 deportistas de 19 equipos con máis de 40 graos nas rúas ourensanas. Organizado pola Federación Galega de Taekwondo e o Centro Deportivo Couto, ao longo de toda a xornada os taekwondistas competiron tanto en combate e técnica como en exhibición nas categorías infantil e cadete.
Os clubs que participaron nesta xornada foron: Arte e Movemento, Garrapucho, Hebe, Escola lucense, Jansu, Neka, Kiap Vigo, Kiap Cangas, Tao, Kido Sport, Universidad de Santiago, Yidam, Natural Sport Sada, Natural Sport Riveira, Lee, Taebek, Taekanart, Mace Sport e Centro deportivo Couto.