Galicia

Extinguido o lume que arrasou 261 hectáreas en Boiro

Case 48 horas de intenso traballo para acabar co lume forestal que se rexistrou a media tarde o pasado sábado na parroquia de San Pedro de Bealo, en Boiro. Con dous focos distintos, para extinguilo foi preciso o traballo de 5 técnicos, 18 axentes forestais, 11 brigadas, unha cuadrilla de acción rápida, 3 grumir, 11 motobombas, 4 palas, 4 avións e 4 helicópteros de extinción. As primeiras estimacións falan de algo máis de 261 hectáreas quemadas.

Mentres, o incendio rexistrado no concello pontevedrés de A Cañiza xa está controlado e o de Ribeira de Piquín segur activo.

Un detido polo incendio de Fisterra

A Garda Civil vén de deter a un home veciño de Fisterra como presunto autor do incendio forestal que afectou á parroquia de Sardiñeiro, nunha zona moi próxima á praia. Os motivos foron unha barbacoa mal controlada. Cando os efectivos chegaron á zona os veciños estaban intentando apagar o lume cos seus propios medios, o que fixo que o lume non se propagara demasiado.

También te puede interesar