Comarcas Vigo al minuto

As Neves, capital do Sol do Condado e do viño tinto das Rías Baixas

A mesma foi presentada este xoves en Vigo polo alcalde de As NevesRaúl Emilio Castro, acompañado pola concelleira de Cultura e Benestar e tenente de alcalde, María del Carmen Gil, o presidente da Denominación de Orixe Rías Baixas, Xosé Ramón Meiriño, e o xerente do Patronato de Turismo Rías Baixas.

A VI Festa do Tinto Rías Baixas, que se celebrará no concello nevense os días 23 e 24 de xullo, ademáis de dar a coñecer os excelentes caldos que se elaboran no Condado, ten uncompleto programa de actividades que van dende concertos, pasarruas,un festival folc, unha verbena, festa infantil ou teatro, aos que se engadirán as tradicionais catas de viños realizadas  con especialistas.

Na presentación, o responsable da D.O. Rías Baixas salientou o peso que empezan a coller os viños tintos na producción das adegas desta denominación, aos que se destiña xa un 1% dos 31 millóns de kilos de uvas que recolleron esta campaña, “o que está a permitir elaborar un viño de calidade”.

Pola súa banda, o alcalde, tras agradecer a colaboración da Deputación e da Denominación de Orixe Rías Baixas, ao tempo que amosou a súa satisfacción pola consolidación desta festa que, coma subliñou “é o froito dun traballo artesán, o froito do esforzo da agricultura do Condado, en xeral,e do de As Neves en particular, o que garante unha calidade que estamos asentando ano tras ano”.

Raúl Emilio Castro, que invitou a todos aqueles “que queran disfrutar da comida, da paisaxe, dos viños, da comida, dende o polvo ao churrasco,pasando polo coñecidísimo requeixo con mel, e da cordialidade dos nevenses” a estar na Praza Maior os días da festa, lembrou que a mesma, ademáis da cata dos caldos, terá actividades “para todas as idades, dende baile, música, xogos para nenos, e ate un festival de folc” que completarán as dúas xornadas no marco da capital do Sol do Condado.


 

También te puede interesar