Se xa era difícil atopar un aparcamento libre no centro, estos días será misión imposible. A Policía Local ven de colocar os sinais que limitan o estacionamento nas rúas polas que pasará a Procesión do Cristo da Victoria que sairá da Colexiata o domingo, día 7, ás 7 y media do serán.
Este ano, recupera o seu percorrido tradicional por Policarpo Sanz, dende Colón á Porta do Sol. O portador do estandarte será o anticuario András Amor e o pendón irá nas máns da concelleira Teresa Egerique, coma a edil máis nova do Concello vigués.