Este Venres 12 de Agosto ás 19:00h ADIANTEorganiza en Vigo un acto en homenaxe a Xosé Ramón Reboiras Noia (Imo, Dodro 1950 – Ferrol 1975), “no 36º cabodano do seu asasinato a mans da policía franquista en Ferrol”. O evento terá lugar na Praza do Toural, en Teis, barrio, onde viviu a maior parte da súa curta vida “estudando e traballando no bar da súa familia, así como participando activamente na Asociación Cultural de Teis, xérmolo do seu compromiso coa terra”.
O acto será presentado por Moncho Lareu, e nel falarán Laura Sousa (Secretaria de Organización de Adiante), Mariano Abalo (Secretario Xeral da FPG) e Ricardo Castro (Secretario xeral da CUT). Tamén haberá un recital de poesía. O rematar, renomearase simbólicamente unha rúa do lugar co seu nome.