Se che gusta a música e o baile tradicional galego, estas de noraboa xa que o Concello de Salceda de Caselas organiza o primeiro curso de os dous, concretamente en catro especialidades: Curso de gaita, con Iván Costa Blanco; Curso de percusión impartido por Marcos Pérez Saburido; Curso de canto e pandeireta a cargo de Xabier Díaz e
Curso de baile tradicional, co profesor Miguel Sotelo.
Os mesmos terán unha duración de 12 horas repartidas entre o sábado 1 e o domingo 2 de outubro, cos seguintes horarios: mañá de 10:00 a 13:30 con unha pausa de media hora, tarde de 16:30 a 20:00.
Dende a Concellería de Cultura advirten que as prazas son limitadas, podendo cada alumno anotarse nunha única especialidade. Se queredes máis información , podedes guntar no mesmo concello, na Casa da Cultura Alfonso Daniel Rodríguez Castelao ou por enderezo electrónico en [email protected]s