Eso é o que se pregunta o tenente de Alcalde e concelleiro de Medio Ambiente de Redondela, en relación coa retirada do servizo de préstamo de bicicletas en Chapela. Miguel Ángel Álvarez, que amosou a súa disposición a prestar as oportunas explicacións na comisión informativa do concello en relación cunha pregunta da voceira municipal do BNG, asegurou que no derradeiro trimestre usaronse as bicicletas 42 veces, e ao longo do pasado ano pedíronse en 95 ocasions, “facendo os cálculos correspondentes, resulta que cada servicio de bicicleta custalle ao concello mais de 150 €, trátase dun custo disparatado e retiramos o servicio provisionalmente, en tanto non se tome unha decisión definitiva”
Álvarez preguntoulle á voceira nacionalista qué fixo den dende 2009, cando o BNG gobernaba en coalición co PSOE, para potenciar este servizo, subliñou que aquel goberno non creou nen un metro de carril bici no concello e sinalou que Cecilia Orge mantén un xeito de xestionar que “este goberno non comparte e que consiste en manter un servicio que non ten demanda veciñal”, ademáis, continuou o tenente de alcalde, non cree que sexa de recibo “acusarnos de eliminalo por non ser rentable, esquecendo que se paga con cartos de todos os veciños e menos cando recentemente o Concello de Pontevedra, gobernado polo Bloque, procedeu a eliminar este servicio por non ser sostible”.