Galicia Vigo al minuto

O BNG denuncia que Caballero quere pechar o piso de acollida e advírtelle que así “non contará co BNG”

O Bloque empieza a estar farto la política de Caballero e, se hai uns días criticaba que o alcalde pescindise do bus eléctrico e do servizo de coidadores do Casco Vello, este venres advertiu que “está pensando en pechar o piso de acollida para mulleres” aberto no mandato anterior cando o BNG xestionaba Benestar Social.

Santiago Domínguez Olveira advertiu que esta vivenda está ocupada por mulleres en risco de exclusión social e, en algúns casos, por enfermas terminais que non teñen un lugar onde vivir o ser atendidas. O ex tenente de alcalde de Caballero adveriulle a este que se o camiño do seu goberno vai ser pechar sercizos sociais ou alonxarse dos veciños, “non vai a contar con BNG. Para o nacionalita esta actitude de Caballero “lembra ao que está a facer a Xunta” e lamentou que prefira pechar servizos antes que xestionar.

A advertencia do voceiro do Bloque, que presentará unha moción para evitar este peche e a finalización dos servizos do Casco Vello, non é calquera cousa xa que o PSOE, con 11 concelleiros, necesita o votos afirmativo dos 3 edís nacionalistas para aprobar os orzamentos ou, chegado o caso, superar unha posible moción de censura presentada polo Partido Popular que, no caso de abstención do BNG, podería facerse coa Alcaldía co apoio dos seus 13 concelleiros.


 

También te puede interesar