Vaise. Fraga non repetirá coma senador nen ocupará posto algún nas listas do Partido Popular nas vindeiras eleccións; tampouco acudirá ao pleno do Senado que a vindeira semán debete a reforma da Constitución, aprobada este venres polo Congreso dos Deputados, e da que o político lucense foi un dos redactores, en 1978.

Manuel Fraga pon, deste xeito, final a súa carreira política que iniciou hai exactamente 60 anos, en 1951, logo de ser procurador en Cortes, embaixador de España no Reino Unido, ministro de Información e Turismo en varios gobernos de Franco, vicepresidente do Goberno e ministro da Gobernación no primeiro executivo da Monarquía, presidido por Carlos Arias Navarro. No ano 1976 fundou Alianza Popular, foi deputado, ponente constitucional, líder da oposición, refundador do mesmo partido baixo o nome de Partido Popular, presidente da Xunta de 1990 a 2005 e senador en representación de Galicia dende 2006.

Fraga, que a piques de cumprir 89 anos, está moi delicado de saúde, móvese hai tempo nunha cadeira de rodas, leva imprantado un marcapasos e hai cinco meses foi operado logo de sufrir una caída a consecuencia da cal sufriu unha fractura.


 

También te puede interesar