Comarcas

Teñas ou non teñas dúas rodas, este domingo poderás participar na Festa da Bicicleta en Redondela

Se o teu é a bicicleta, tes que ir a Redondela este domingo, día 4. Alí os amantes das dos rodas teñen unha cita na ‘Festa da Bicicleta’ que este ano cambia de percorrido deixando a Praia de Cesantes e transcurrindo polo seu porto e polo paseo da Portela. Segundo declaraon en rolda de prensa os concelleiros de Deportes, Jesús Crespo,e de Xuventude e Participación Cidadá, Erminda Quelle, entre as principales novedades deste ano está a obligatoriedade do uso do casco ou a posta a disposición dos participantes que as precisen, de 50 bicicletas, “de xeito que ninguén quede sen disfrutar por non ter bici”.

A modificación do percorrido, de catro kilómetros, evitará a costa de Cesantes, “o que o fará máis fácil para os nenos” segundo salientaron os concelleiros, quenes subliñaron que os 300 participantes que se agardan, farán unha parada á metade da xornada para repoñer forzas e recibir uns boletos cos que participarán nun sorteo que se celebrará ao final da proba.
Nesta ocasión, a festa seguirá polo serán xa que, a partir das 5, e na pista de A Xunqueira, haberá unha xornada de formación de BMX, onde os rapaces poderán participar en talleres de subida de rampas ou saltos e aprenderán a montar unha bici dende o primeiro parafuxo ate o último, xa que a mesma estará completamente desartellada para que, aqueles aos que lles interese, poidan ver coma se ensambla este vehículo.


 

También te puede interesar