Galicia

“O PP usa as axudas de fomento do galego nos medios para ter boa prensa”

Asi o asegurou o voceiro nacionalista en normalización lingüística. Bieito Lobeira subliñou no Pleno do Parlamento de Galicia que o PP emprega as axudas aos medios de comunicación destinadas ao fomento do galego para “obter un bo trato informativo. O deputado do BNG dixo que proba delo é que, “do contrario a Xunta esixiría aos xornais que vulneran a legalidade toponímica que devolvesen os cartos que perciben”.

O Bloque defendeu unha proposición non de ley encamiñada a tomar as medidas necesarias para garantir a existencia dun espazo de comunicación en galego e de asegurar a supervivencia das cabeceiras que empreguen só esta lingua, logo da desaparición de os médios escritos en galego, tanto en papel coma en Internet.

Lobeira xustificou esta iniciativa no dereito dos galegos a recibir información en galego, tal e coma recolle o Estatuto de Autonomía, a Ley y el Plan Xeral de Normalización Lingüística e a Carta Europea de Linguas Minoritarias,aínda máis cando a situación do galego nos medios é a peor nos derradeiros 35 anos”.


 

También te puede interesar