Sucesos

O lume arrasa unha nave de almacenamento de madeira en As Neves

Catro horas,. Ese foi o tempo que tardaron os Bombeiros de Porriño e Ponteareas en apagar as chamas que arrasaron esta madrugada unha nave anexa a fábrica de transformación de madeira na parroquia de Liñares, en As Neves.

O lume, segundo fontes do servizo de Emexencias 112, empezou pasadas as 12 media da noite e non estivo extinguido ate preto das 5.

Luis Álvarez González, gerente do aserradeiro Arebal, informou a esta redacción que os danos valóranse a groso modo en canto a madeira que xa estaba elaborada, sobre uns 20.000€, así coma unha das máquinas que resultou afectada, que en caso de que quedase inservible, o valor da mesma é de 100.000€.

“Avisáronme a iso da 1 e media da madrugada, viñen correndo para a fábrica, aquí xa se atopaban, veciños do lugar, e mais 3 ou 4 camións de bombeiros, a verdade que o fixeron todo moi rápido”, cóntanos Luis, o cal afirma que foron os do posto de vixiancia de San Nomedio, os que deron aviso os reténs forestais, pero o ver que o lume era de importancia, avisaron os bombeiros de O Porriño e Ponteareas.

Por outro lado, no momento de estas declaracións, atopábanse traballando na restauración do suministro de auga e mais da electricidade. Precisamos ter auga, porque non sabemos se pode haber algún conato, así que estaremos traballando arreo para seguir coa actividade”



 

También te puede interesar