O cetáceo está varado na praia do Couto e foi localizado esta mañán, vivo, pasadas as 9 e media. Dende ese intre efectivos de Protección Civil traballan, xunto con membros do Centro de Estudos de Mamíferos Mariños (CEMM) para devolvelo ao mar.
Para elo desprazáronse ate a praia varias excavadoras que aproveitarán a subida da marea para mover ao animal, que mide máis de 10 metros de longo. Ate ese momento os efectivos presentes na praia manteñen humido ao animal.