Galicia

A plantilla de Isolux aproba mobilizarse e non desbota a convocatoria dunha folga indefinida

Os traballadores de Isolux Naval acordaron en asemblea iniciar un calendario de mobilizacións para reclamar a readmisión do compañeiro despedido. Dende a CIG denuncian que tras a decisión da empresa se agocha a “intención de centralizar en Madrid os servizos administrativos da compañía”. Mentres, os tres delegados de persoal continúan pechados nas oficinas de Vigo xunto ao empregado despedido, en sinal de protesta.

Deste xeito, realizarán concentracións fronte ás oficinas da empresa en Vigo todos os días entre as 17.00 e as 19.00 horas. A continuación partirán cara a Praza América para visibilizar a protesta. Este mércores teñen convocada unha concentración diante de Vulcano ao tempo que solicitaron unha xuntanza co comité da empresa naval. O xoves realizarán a mesma mobilización diante de Metalships.

Segundo manifestou un dos tres delegados de persoal (CIG), os traballadores non descratan convocar unha folga indefinida no caso de que non se produzan cambios na actitude da dirección.


 

También te puede interesar