Galicia

O BNG quere saber quén é o responsable da “liquidación do aforro galego” logo de que o FROB se fixese son NCG

Así o esixiu este venres en Vigo o voceiro nacional do BNG. Guillerme Vázquez anunciou que o seu partido pedirá explicacións no Parlamento de Galicia tras confirmarse “a liquidación do aforro galego”, logo de que o Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria (FROB) confirmase que se fai co 93% de NCG Banco e que a participación de Novacaixagalicia no mesmo será do 6,5%, moi lonxe do 15% anunciado polo presidente da Xunta.

No acto de presentación dos cantidados do Bloque nas vindeiras Eleccións Xerais Guillerme Vázquez, subliñou que a caixa non se ven de valorar “a prezo de saldo, senon a saldo de terceira rebaixa” o que cualificou coma “un desastre e un fracaso da política do Partido Popular”.

O líder nacionalista deixou craro que isto merece unha explicación, “porque os galegos teñen dereito a saber quenes son os responsables disto…os reponsables políticos e os xestores que trouxeron as cousas ate aquí e de que se liquidase o aforro galego”.


 

También te puede interesar