Dez brigadas, un membro do GRUMIR, 10 motobombas, dous helicópteros, tres pas, un avión e fectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME), traballan na extinción do lume que permanece activo na parroquia de Ponte Castrelo, no concello ourensá de Castrelo de Miño.
Segundo Medio Rural, o incendio declarouse preto das 10 da noite deste venres e, dada a súa extensión, xa fou declarado o ‘nivel 1’. A consellería indicou que as chamas arrasaron xa 30 hectáreas.