Galicia

Ana Pastor (PP) di que a idea de Feijóo (PP) de cobrar pola tarxeta sanitaria é “lamentable”

Dese xeito calificou a inciativa que a Xunta porá en marcha en xaneriro a candidata do Partido Popular, do que é líder autonómico o seu compañeiro e presidente do goberno galego, Alberto Núñez Feijóo. Nunha entrevista concedida a Radio Nacional, Ana Pastor, asegurou que é “lamentable” que os cidadáns teñan que pagar unha tarxeta nova se a perden ou a estropean.

A cabeza de lista do PP por Pontevedra tamén deixou crara a súa oposición ao copago sanitario, “a sanidade págase cos impostos, salientou, ao tempo que apostou por recortar gastos superfluos. “Son unha defensora da sanidade pública, gratuita, universal e equitativa para todos os cidadáns”, declarou Pastor, quen apostou pola financiación da sanidade e criticou que os socialistas “deixen un dos sistemas máis endebedados do mundo, cun burato de 15.000 millóns de euros”.

Sobre os proxectos, coma o do novo hospital de Vigo, e a súa financiación público-privada, a ex ministra de Sanidade indicou que “as infraestructuras nada teñen que ver co esencial da mediciña: a asistencia”.


 

También te puede interesar