Galicia Vigo al minuto

A CIG paraliza as obras do novo hopital por “explotación” e amiguismo da Xunta cos constructores

Delegados da federación da Construción da CIG manteñen paralizadas dende as 11 e media da mañán de este xoves as obras do novo hospital de Vigo, en Valadares, co fin de denunciar as condicións laborais que padecen os traballadores. Segundo informa o sindicato, a acción “enmárcase na campaña contra a explotación de persoas nas grandes obras da Administarción pública”.

Dende a CIG denuncian os “constantes incumprimentos en materia de xornada e de salario” que sufren os empregados, “maioritariamente cidadáns portugueses”, e indican que a idea é “manter a paralización de xeito indefinido” até que a Inspección de Traballo medie para regularizar a situación.

O sindicato denuncia que os traballadores cobran por hora “e nunca máis de 7 €” o que supón que para que lles compense teñen que estar non menos de 10 horas ao día,o que incumple o convenio en materia de xornada laboral”, algo que, asegura é coñecido e permitido” pola adminisgración autonómica.

Ademáis indica que Dabalpo, a empresa que se encarga da estructura da edificación, “ten máis de 60 sancións” impostas pola Inspección de Traballo, tanto de Pontevedra e de A Coruña e que a Xunta apenas executa as mesmas”. A elo, engádese a actividade de Hierros Santacruz, encargado da ferralla, “que é propiedade de Telmo Martín, destacado militante do PP” que, asegura a central nacionalista, “subcontratou a unha empresa de fora que paga aos empregados 500 € ao mes”.


 

También te puede interesar